As obras de restauración da capela do Salvador da catedral de Santiago, financiadas pola ConsellerÃa de Cultura da Xunta de Galicia, desvelaron un interesante conxunto de elementos, como unha das fiestras orixinais desta capela románica, a primeira construÃda do gran edificio medieval. Pero canda ela aparecen restos de policromÃa das diferentes épocas. Entre elas, unhas pinturas no interior desa propia capela na que se poden ver un escudo con flores de lis. Para a fundación Catedral de Santiago ten que ver coa relación desta capela coa coroa francesa. De feito, a capela do Salvador chegouse a chamar 'capela do rei de Francia' porque o rei Carlos V de Valois instituiu en 1372 unha fundación de misas pola súa devoción a Santiago. A fiestra estaba por detrás do retablo de pedra caliza do século XVI, traÃda de CoÃmbra. A intervención tamén está a permitir recuperar a policromÃa da bóveda, xa do barroco, no século XVIII.