O Museo do Mar de Galicia, en Vigo, ven de inaugurar un novo espazo expositivo temático enfocado na mariña mercante. O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José Campos, asistiu a esta apertura da sala que terá como nome 'Contra vento e marea. A Mariña Mercante en Galicia. 1750-2002' na que se fai un percorrido a través de máis de 100 pezas pola importancia que o tráfico e comercio marÃtimo supuxo para o desenvolvemento do sector pesqueiro, do naval e tamén do automobilÃstico en Vigo. López Campos quixo incidir sobre todo na pegada no patrimonio cultural, tanto material como inmaterial, que a actividade da mariña mercante entrañou non só para a contorna do noso litoral, senón para todo o territorio galego. Deste xeito, referiuse a esas viaxes transatlánticas ou por diferentes puntos do planeta, coas que a tripulación traÃa consigo de volta á casa novos artefactos, artesanÃa, tecnoloxÃa e tamén palabras ou costumes que foron espallándose e tendo arraigamento propio na nosa Comunidade.
A exposición ten como xénese e base a cesión dunha parte substancial da colección da Fundación Castro-Rial de Cee, entidade creadora do Museo MarÃtimo Seno de Corcubión, que estivo activo entre o ano 2001 e o 2015 e leva desde entón pechado. Da súa colección xa saÃron anteriormente pezas sobre a mariña mercante con destino ao Museo do Mar de Galicia, pero sempre con carácter temporal. Este museo de iniciativa privada, situado nunha antiga fábrica de salgadura, está situado xunto á praia de Quenxe e tiña como finalidade recuperar, conservar e divulgar o patrimonio histórico-marÃtimo da zona xeográfica comprendida polo denominado Seno de Corcubión. Fai anos que a familia Castro-Rial, tras máis dunha década pechado o museo, presentou un proxecto de construción dunha urbanización turÃstico-residencial, que foi rexeitado desde o concello polo valor patrimonial da antiga fábrica, tamén houbo intencións declaradas de convertelo nun complexo hoteleiro.