'O dedo e os monstros' é o nome da obra coa que Francisco Antonio Vidal Blanco ven de gañar o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia convocado pola Fundación Xosé Neira Vilas. A obra premiada destaca, fundamentalmente e segundo o xurado avaliador, "pola mestrÃa da súa construción dramática e a habilidade na elaboración dos diálogos a través de frases curtas que axilizan o texto e outorgan dinamismo e diversión". A ollos do xurado tamén cómpre salientar o feito de poñer en valor a diversidade e a diferencia entre os iguais a través da metáfora dos dedos, polo recurso de tradicións como as adiviñas e a sortes.
O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Xosé Neira Vilas, Pilar Sampedro e Miguel Anxo Fernán Vello, xunto con Euloxio R. Ruibal, dramaturgo e membro da Real Academia Galega. O acto de entrega do premio, que conta coa colaboración da Dirección Xeral de Cultura da Xunta de Galicia, terá lugar o 25 de maio ás 19.00 na sede da Fundación Xosé Neira Vilas, en Gres (Vila de Cruces). Ese dÃa presentarase, ademais, o volume premiado na edición anterior: 'Medo me dá', de Ramón Dominguez Veiga, editado por Embora.
Francisco Antonio Vidal Blanco (Palmeira, 1957) posúe unha traxectoria literaria consolidada. En 2021 obtivo o Premio Laudamuco para textos teatrais do concello de Brión outorgado por 'A vinganza de Fortimbras'. En 2003 recibiu o Premio Avilés de Taramancos de Relatos de Aventuras, por 'O botÃn da inmortalidade', entre outros galardóns. No ámbito do ensaio, son de resaltar as súas achegas á obra de MurguÃa. O seu labor literario, diverso e polifacético, complétase coa escrita de novelas.