Son diversión, festa arte, baile... pero todo desde a base do teatro e da música cun pretendido aire estético. NordesÃa é unha productora cultural que leva oito anos traballando a prol da cultura do paÃs. Pero a súa, é unha singradura en dúas direccións: por unha banda, participando en eventos internacionais nos que aproveitan para negociar a repercusión de artistas galegos polo mundo e, pola outra, promovendo desde Compostela e para Galicia espectáculos que dean conta da riqueza cultural galega.
En 1995 nacÃa en Compostela unha empresa singular. Unha iniciativa que tiña como punto de partida sumar todos os activos culturais que contribuÃsen a converter a cidade do apóstolo nunha verdadeira capital cultural. O seu era un obxectivo “xerminal” bebendo nos postulados, nos manifestos creativos e ideolóxicos das efectivas propostas vangardistas de principio de século. E baixo este paraugas concentráronse artistas, músicos e profesionais de diferentes disciplinas que tivesen como idea central organizar actos culturais. É por iso que NordesÃa se define como unha productora.
Da súa man saÃron os Ciclos Musicais para a Universidade de Santiago de Compostela, algunha edición do ciclo “As novas músicas” para Caixa Galicia, tres anos do festival de Ortigueira... oitos anos de camiño que serviron para que pouco a pouco se foran sentando os alicerces dunha singradura cultural en dúas direccións.
Cara o oeste: camiño de Finisterre
A dÃa de hoxe NordesÃa realiza unhas seiscentas intervencións artÃsticas diversificados en varios campos: música, teatro e produccións, en sentido máis amplo. O seu último espectáculo “Dillei” protagonizado por Carlos Blanco é unha sÃntese de toda a súa traxectoria. E é asà porque amalgama moitas das súas caracterÃsticas definitorias. Primeiro, porque conta con profesionais de recoñecido prestixio, neste caso Carlos Blanco; e porque está acompañado de persoas enmarcados dentro das músicas étnicas, celtas e novas músicas (aquà os pandereteiros de Ecléctica); en segundo lugar porque o musical pasa a ser o xénero empregado (o outro piar de NordesÃa ademais da música é o teatro); en terceiro lugar porque NordesÃa quixo sempre dar a coñecer o capital cultural da nosa comunidade e con “Dillei” pretende unha reflexión sobre a Galicia actual; e en cuarto lugar, porque pretende prestarlle atención ás últimas tecnoloxÃas e ás innovacións no sector, para que contribúan ao seu interese de ofrecer espectáculo. Con “Dillei” ofreceron unha posta en escena moderna, novidosa e potente en canto a medios ao ofrecer un espacio audiovisual con robótica, unha gran pantalla de 9X7 metros e dos laterais, que forman unha especie de cubo onde se proxectan fondos e imaxes.
Pero “Dillei” ademais de resumir a esencia de NordesÃa, pretende iniciar unha nova vÃa: a da producción de musicais que pode abrir novas vÃas inexploradas dentro do horizonte cultural galego, tanto a nivel de xéneros como a nivel de público.
Cara o leste: o camiño do mundo
"Dillei" é un espectáculo pensado para representar dentro dun teatro, pero están pensando en facer unha versión para exterior. E xa non só para espacios abertos e libres, senón tamén para fóra de Galicia. Un dobre hándicap porque conta coa complexidade de poñer en diálogo linguaxes aparentemente completamente diferentes: música, dj’s.....
E proxectar a cultura galega no exterior é un dos cometidos principais de NordesÃa, onde ten participado en numerosas intervencións de carácter cultural que se interesa polo coñecemento, tratamento e comercialización das músicas procedentes de contextos culturais diversos. Por iso NordesÃa é unha asidua a feiras como no “Mercat da música Viva” de Vic (Cataluña), o Womex (A exposición mundial de música, no que ten participado desde 1996 en Marsella ata a edición do 2002 en Essen na Alemaña) ou no Strictly Mundial, convencións imprescindibles do mundo da música onde aproveitaron para expoñer e tentar negociar a repercusión de artistas galegos polo mundo.