O venres pasado entregáronse os XX premios literarios Frei MartÃn Sarmiento, que anualmente organiza Escolas Católicas coa colaboración da SecretarÃa Xeral de Lingua. O certame ten a particularidade de que as obras gañadoras, clasificadas en sete categorÃas (por tramos educativos), son escollidas por tres mil alumnos destes centros privados. Os tÃtulos seleccionados na categorÃa Infantil foron Caderno de cores e cancións, de MagÃn Blanco e Sonia GarcÃa, como ilustradora, e está editado por Galaxia. Na de primeiro e segundo curso de Educación primaria foi distinguido Violeta parapluie e outras historias de xente pouco corrente de Ramón D. Veiga, publicada por Edicións Embora. Na segunda categorÃa establecida para alumnado de 3º e 4º de primaria, distinguiuse A pulga espacial de Xabier DomÃnguez e Alba de Evan, publicada por Edicións do Cumio. E na categorÃa de 5º e 6º, premiouse a Sálice e Sándalo, de Antela editorial. Nos premios para o 1º e 2º de ESO está Cituta para dous, de Xerais e na de 3º e 4ª de ESO distinguiuse o labor de tradución de Un feiticeiro de terramar traducido por Tomás G. Ahola e editado por Boadicea editora. Na categorÃa de Bacharelato e adultos, premiouse A saga das curandeiras, de Marisa Castro, publicado por Hércules de ediciones.