Unha proposta atÃpica dentro do sector audiovisual comeza hoxe a súa andaina na capital galega, tres cine clubes locais únense para organizar o Festival Cine Barato. O certame, que durará tres dÃas, acolle as creacións audiovisuais realizadas con poucos recursos e de carácter "amador". Cineclube Compostela, Club de cine Facom e CineMazarelos son as asociacións que organizan esta nova cita que presume de contar con "tan poucos recursos como as pelÃculas que proxecta". O festival, fiel ao seu nome, tampouco cobra entradas, aÃnda que propón billeteira inversa, pagando a vontade tras o visionado, para cubrir gastos. Ademais diso tamén ofrece obradoiros sobre as posibilidades da produción alternativa e sen recursos.
Un dos puntos álxidos desta primeira edición será a 'Jam de Curtas amateurs', un encontro de proxeccións afeccionadas, feito ao estilo 'gamer' no que calquera podÃa enviar unha peza orixinal e feita ex-profeso de ata 5 minutos de duración cunha temática común: o concepto de "o valor". A Jam servirá de peche para esta primeira edición de Cine Barato o venres ás 17:30 no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación, un dos espazos nos que se desenvolverá o festival, xunto co CGAC, o Centro Xove da Almáciga, o Pichel e a Casa do taberneiro. O programa dá comezo hoxe cun curso de FotografÃa estenopeica na Facultade de Ciencias da Comuciación, outro á tarde sobre accesibilidade e piratarÃa na Casa do taberneiro e o comezo de proxeccións no Pichel, ás 21:30 horas cunha retrospectiva de cine amador. As proxeccións do xoves terán lugar ás 21:00 horas na cafeterÃa do CGAC e haberá unha charla do realizador Alberte Pagán ás 17:00 no Centro Xove da Almáciga