O traballo Trece maneiras de mirar un almanaque valeulle a Xosé Lois Mosquera facerse co Premio Johan Carballeira de PoesÃa, que convoca anualmente o Concello de Bueu. Canda a el, Lois Pérez venceu na modalidade de xornalismo co traballo Eloxio do apenovismo. Os xurados dos galardóns, dotados con 1.500 euros en cada categorÃa, reunÃanse na tarde deste 22 de abril na localidade morracense.
Manuel López, poeta e gañador da edición anterior, Oriana Méndez, poeta e crÃtica literaria, e Xosé Henrique Costas, profesor da Facultade de FiloloxÃa e Tradución da Universidade de Vigo e escritor conformaron o comité de selección para o premio de poesÃa, ao que se presentaron 55 traballos.
A acta destaca a obra gañadora "a madurez literaria e contemporaneidade que se amosa na fluÃda integración de múltiples rexistros textuais e culturais no propio devir do poemario". Ademais, considera o traballo de Mosquera "unha proposta poética que destaca por combinar con habelencia múltiples rexistros dende o culto ao popular, con imaxes inesperadas e fragmentos de maior narratividade", que leva a que "o poemario acade un resultado exitoso que contribúe a consolidar o panorama poético das nosas Letras".
No ámbito do xornalismo, o texto de Lois Pérez, publicado orixinalmente na revista Luzes, aborda, segundo a acta, a "interrelación entre cultura e construción da AP-9". O xurado destaca "a orixinalidade á hora de abordar unha temática árida como as infraestruturas e capta a atención do lector/a dende o primeiro momento, facendo atractiva este tipo de información". Do artigo destaca que resulta "moi interesante o percorrido de Norte a Sur que fai ou autor recollendo espazos e momentos históricos moi ben imputados co trazado da AP-9".
Héctor Pena, xornalista do Nós Diario e gañador da anterior edición, Carolina Sertal, xornalista de Faro de Vigo, e Manuel A. Mosteiro, presidente da Asociación de Amigos de Johan Carballeira foron os responsables de facer a selección entre os 23 traballos presentados.