A RAG celebra o 150 aniversario do nacemento de Picadillo difundido un dos seus mecanoscritos

O seu libro 'El rancho de la tropa' saiu do prelo en 1909

Cuberta do libro. Fonte: RAG / Galiciana
Cuberta do libro. Fonte: RAG / Galiciana
Hoxe, 23 de abril, celébrase o 150 aniversario do nacemento, na Compostela de 1874, de Manuel Puga y Parga, coñecido popularmente como Picadillo, e un dos grandes escritores gastronómicos de Galicia. Para celebralo, a Real Academia Galega dixitalizou e publicou en Galiciana precisamente un libro de receitas, El rancho de la tropa, que foi dado ao prelo en 1909. Picadillo ten un estilo recoñecible cargado de humor e ironía. Nacido nunha familia acomodada, foi xuíz e alcalde da Coruña e fíxose moi coñecido polo seu libro La cocina práctica, un receitario cheo de anécdotas, pequenas historias que nos retratan a Galicia de primeiros do século XX e que retratan os saberes da cociña tradicional e burguesa galegas. En El rancho de la tropa Picadillo procura ofrecer un compendio de cociña básico para a alimentación dos soldados "dentro dos límites pecuniarios que o Estado ten establecidos para a tropa".