Un tractor dana a ábisde da capela de Santa Cristina de Berdoias

O templo ten posibles orixes medievais

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Danos na capela de Santa Cristina (Berdoias, Vimianzo). Foto: Que pasa na costa

Danos na capela de Santa Cristina (Berdoias, Vimianzo). Foto: Que pasa na costa

O choque dun tractor provocou o derrubamento parcial de parte da ábside da capela de Santa Cristina, un pequeno templo rural do lugar de Santa Cristiña (Berdoias, Vimianzo). A capela ten orixes medievais e está vinculada a rituais curativos de prosperidade agrícola e de coidado do gando montesío como parte dun espazo de gran valor etnográfico que inclúe un curro para os cabalos do monte. O impacto do tractor bateu na cabeceira da igrexa e derrubou pedras de sillería de gran tamaño, e desprazou algunhas outras con risco de derrubo. O tractor xa foi identificado pola polícia local de Vimianzo e sera o seguro da máquina o que ten que se facer cargo das reparacións. Unha particularidade da capela de Berdoias é a existencia dun receptáculo no interior, ao pé do altar, con terra empregada para a curación do gando ou a beizón das terras.

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Vimianzo

Claves

Lugares