O Instituto de Estudios vigueses pide un destino alternativo e amosa a preocupación polo seu financiamento

O problema de estudiar en Vigo

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O instituto de Estudios Vigueses segue sen ter emprazamento definitivo. Desde que o Concello decidira prescindir do alugueiro do edificio Asefal (cedido por García Barbón para destinarse á formación do obreiro e da muller) o Instituto de Estudios Vigueses e a Fundación Casares están buscando nova sede. E o concello propuxo que o Instituto se trasladase á sede da Escola de Artes e Oficios, unha idea que non acaba de convencer aos responsables do Instituto porque cren que podería interromper o funcionamento de ambas entidades. Ademais, os responsables do Instituto aproveitaron a entrevista co alcalde para amosarlle a preocupación polo seu financiamento, xa que dependen unicamente do Concello, desde onde se lles recomendou recorrer a outras vías para obter apoios económicos porque coa súa política de austeridade vair reducir a achega económica que lle concedía anualmente.

Máis información no Faro de Vigo

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Casares, Faro de Vigo

Claves

Lugares