O Teatro Principal de Santiago de Compostela será este mércores o escenario da presentación do documental "Suso. Fóra de lugar", un filme de Alberto Sacido (Serra de Outes, 1964) no que o escritor Suso de Toro (Santiago de Compostela, 1956) revisa o seu percorrido vital e profesional. A través de moitas conversas, sempre co escritor presente e participando, revísanse os seu inicios, os seus modelos e proxectos literarios, os obstáculos na súa carreira, a súa militancia política, e o abandono e posterior regreso á súa profesión de escritor. Este é a segunda longametraxe na que participa Alberto Sacido, que en 2014 presentou Unitarias, un documental que reconstrúe a historia das escolas do rural de Galicia a través da vida do seu pai, un mestre que empezou traballando nestas escolas nos anos 60. Para o guión deste traballo contou ademais con Chefa Lorenzo Torea.
O contido desta produción xurde dun proceso de rodaxe estendido durante mais de sete anos, cando en outubro de 2016 se tomaron no IES Rosalía de Castro da capital galega os primeiros planos, que hoxe abren o documental, cunha cámara que non cumpría os mínimos requisitos técnicos. Durante ese tempo seguiuse cámara en man as actividades habituais de o escritor pola súa cidade (obradoiros de escritura creativa, encontros, actos en teatros e librerías, sesións de traballo na Biblioteca Xeral da Universidade) así como a súa participación no Sant Jordi, en Catalunya. Nas conversas participan 26 persoas ou colectivos, desde os seus irmán Xelís e Antonio ata políticos como o ex-Presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero ou Ana Pontón, ademais de recoñecidas figuras da cultura como Manuel Rivas, Uxía ou o académico Xosé Luís Axeitos, entre outros. Sobre todas estas gravacións constrúese "Suso. Fóra de lugar", unha peza arredor dun escritor vivo que se autoproclamaba "fracasado" e durante algunha etapa "retirado".
O longo proceso de rodaxe e produción viuse continuamente cuestionado polos sucesivos cambios de produtora ao non conseguir apoios públicos para sacalo adiante. Pola produción pasaron Aser Álvarez, de Arraianos Producións; Gaspar Broullón, de Danga Danga Audiovisuais; e o equipo de Nós Televisión nun camiño tortuoso de caída consecutiva dos proxectos ata chegar ás mans de Nacho Fungueiriño, de Culturactiva S. Coop., que conseguiu, finalmente, que a Deputación da Coruña apoiara a postprodución, dentro da convocatoria de Proxectos Singulares do 2023, apoiando tamén a xira de presentación deste documental e estrea do filme. No proceso Culturactiva proveeu de recursos e asistencia técnica para facer posible a súa realización. A coprodución é de Danga Danga e a Postprodución de Arraianos. Esta primeira presentación de "Suso. Fóra de lugar" realizarase o mércores, 17 de abril, ás 20.30 horas no Teatro Principal de Santiago de Compostela. Posteriormente, o documental presentarase en Outes, o sábado 27 de abril, en Ribeira o 4 de maio; o 11 de maio en Betanzos e o día 24 dese mesmo mes, en Cedeira.