
Segundo apunta a presentación do proxecto, a artista chama tamén a pensar "sobre a propia historia que, como disciplina, ao longo dos tempos, erixiuse, con maior ou menor acerto ou manipulación, en notaria e transmisora, chegando a converter a personaxes (maioritariamente masculinos) en ilustres, e aos feitos polos que foron recoñecidos en verdadeiros.
A exposición combina pezas de cerámica con debuxos alusivos á escultura. Nas primeiras, Santiso achega formas orgánicas e abstractas mediante o uso de pasta refractaria. Nos segundos, a serie Galería de personaxes ilustres retrata pedestais baleiros de diferentes feitíos e en distintos estados en cadros colgados da parede. Na mesma liña, en Questioned a artista retrata estatuas en varias pinturas que se apoian no chan da sala.