Iconas con cabeza

O artista valenciano Juan Cuélla presenta na Galería Marisa Marimón a súa riqueza pop

27/4/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Os diferentes, 2009. Fonte: Marisa Marimón

É un dos artistas españoles con maior proxección da década dos noventa. Os seus conceptos de pop e imaxinería popular pasados pola peneira da figuración marcaron unha época e agora pódese ver en Galicia da man da galería ourensá Marisa Marimón. A exposición Heads,toma como base unha icona do cidadán universal, democrático, industrializado e imperial como é Mickey Mouse, para ir traballando arredor da súa cabeza. Ironía, subversión e crítica nunha exposición que estará aberta ata o vindeiro 10 de xuño.

Que che parece esta nova?
37 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

11/06/2012

O papel da creación

A galería Marisa Marimón dedícalle unha mostra ao papel como soporte artístico

12/02/2009

As novas tendencias

Artistas consagrados e novos valores exhiben con Marisa Marimón as posibilidades dos novos soportes

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pop, Galería, Marisa Marimón

Claves

Entidades
Conceptos