Analizar e combater os prexuÃzos. Crear espacios de comunicación en galego para os máis novos. Ofertar unha actividade extraescolar diferente nos centros de ensino secundario. Todo iso fano, en boa medida, os obradoiros Máis Alá de Lingua e Sociedade. Unha iniciativa que conta xa con cinco anos de vida e que se expande cada curso a máis lugares da nosa xeografÃa.
Preocupación pola situación da lingua, precariedade laboral, coincidencia dun grupo de persoas chegadas de diferentes eidos (FiloloxÃa, animación sociocultural...). Unha serie de factores deu hai xa cinco anos na creación dos primeiros Obradoiros Máis Alá coma unha experiencia piloto que se lle presentou ao Concello de Compostela. A intención era propor unha actividade extraescolar diferente na que se mesturaban a expresión oral, actividades de teatro, música, excursións, xogos... A intención última era ofrecer aos rapaces e rapazas de secundaria un lugar no que falar galego e motivalos para facelo, ao tempo que se combatÃan os prexuÃzos sobre a lingua ou as diferencias culturais entre outras cuestións. Sorprendentemente para os seus propios organizadores, a experiencia tivo moi bo resultado, e os obradoiros foron medrando curso a curso.
Máis alá de Compostela
A aquel primeiro obradoiro seguÃronlle varios máis en Compostela, ampliándose na terceira edición aos concellos de Vigo e de Pontevedra, e aÃnda desde o ano pasado a Ferrol e a Fene. Ademais, desde o pasado curso, duplicáronse as quendas, e fanse dúas edicións por cada curso. Nove sesións na quenda que vai de outubro a decembro e outras nove a partir das vacacións de Nadal. Un cálculo aproximado sinala que máis de oitocentos rapaces participaron nas actividades de Máis Alá por toda Galicia. Todo este traballo realÃzano as sete persoas que traballan na cooperativa Tagen Ata, herdeira daquel Colectivo Bambán que botou a andar a iniciativa. Colaborando con eles, os diferentes concellos e os equipos de normalización de cada centro de ensino. O traballo é aÃnda máis complicado do que parece a primeira vista, xa que o programa dos obradoiros é flexible e adáptase en boa medida ao lugar no que se desenvolven.
Para todos
“A actividade permite que todo o mundo poida participar, non se reduce á xente que fala galego. A idea é activar a reflexión dos participantes” apunta Iolanda Gomis, de Tagen Ata. “Entre a xente que se inscribe hai un pouco de todo. Desde moitos rapaces que veñen coa intención de mudar de lingua para o galego ata xente que quere reforzar o seu emprego da lingua e xente que busca valores positivos en xeral”. Xa na presentación dos obradoiros nos centros os membros da cooperativa sinalan que a actividade vai dirixida a todos os alumnos que queiran facer algo diferente, e no que se mesturan os xogos, o teatro, a música ou a expresión oral entre outra cuestións. “A novidade atrae moito á xente nova” segundo Iolanda.
SociolingüÃstica e prexuÃzos
Os obradoiros organÃzanse arredor de tres grandes bloques de coñecemento da realidade. En primeiro lugar os participantes son convidados a buscar información e contextualizar os diferentes aspectos que definen unha lingua. Os alumnos realizan actividades coma inventar linguas e ver asà a relación entre identidade cultural e a existencia dun código propio de expresión. Tamén estudian polo miúdo a situación das diferentes linguas en Europa e fan un mapa no que aparecen representadas. A continuación vese a interacción entre linguas, e as diferentes formas de conflicto lingüÃstico. No segundo bloque de información trátase xa máis polo miúdo o comportamento individual e as actitudes existentes ante a lingua. Téntanse ver os prexuÃzos que teñen os propios participantes sobre esta e outras cuestións e búscase a racionalización e eliminación deses prexuÃzos a través da pedagoxÃa do contrato. Isto supón que se convida aos rapaces a analizar os seus propios prexuÃzos e a comprometerse a superalos. “Reflexiónase en conxunto e vese o que se poderÃa mellorar dos prexuÃzos que ten cada un. As reflexións fanse sempre sen lles dar doutrina aos alumnos. Nós ofrecemos moito material, xogos e traballo, pero as conclusións tÃranas eles”.
Excursión e normalización
Xa na recta final dos obradoiros abórdase a cuestión da normalización lingüÃstica e amósaselles aos participantes a posibilidade de vivir en galego. “Tratáselles de ensinar como hai xente que o fai, algo que a moitos mozos lles semella imposible”, di Iolanda. Tamén se procurar amosarlles que existen espacios nos que o galego é a lingua marcada positivamente. Seguindo esta liña e coma peche das actividades organÃzase unha excursión na que se mesturan os participantes nos obradoiros dos diferentes centros e das distintas cidades. “Nas excursións creánse grupos novos nos que lingua positiva é o galego e nos que as relacións xa se inician en moitos casos no noso idioma”, apunta Iolanda- O destino desta excursión é normalmente a Allariz, vila na que os participantes poden ver como existe un lugar no que o galego é unha lingua habitual e non marcada negativamente.
Nivel 2
O éxito da iniciativa levou aos organizadores a pensar nun segundo nivel de obradoiros nos que puidese participar a xente que xa asistira ao primeiro. “Trátase dunha xente que xa se achega cun interese alto, e xa teñen unha base”, recoñece Iolanda. Deste xeito nestes obradoiros trabállase xa con cuestións alén da lingua, abordando cuestións coma a emigración, a diversidade ou a relación entre culturas. Os participantes analizan os prexuÃzos a nivel colectivo, observan o emprego do galego no seu contorno máis inmediato e pensan as posibles actuacións que se poden desenvolver para mellorar a situación do noso idioma . Deste xeito propóñense materiais, fanse entrevistas e propostas de actuacións e, como non, unha excursión para rematar o curso. Desta volta os viaxeiros xa realizan intervencións, de entre as propostas por eles mesmos, sobre os valores se trataron ao longo do curso. Neste último ano fixeron unha excursión á Guarda e mais a Caminha, onde coñeceron as diferentes actitudes existentes ante o idioma nas dúas beiras do Miño e desenvolveron actuacións coma agasallar globos con lemas alusivos á nosa lingua aos máis pequenos. “A moitas organizacións da lingua gustarÃalles ter aos participantes destes obradoiros, porque se lles ocorren cousas marabillosas para traballar na normalización do idioma”, sinala Iolanda.
Mais alá de máis alá
Sobre o futuro, desde Tagen Ata teñen claro que queren seguir a apostar polos obradoiros a pesar de que a actividade da cooperativa diversificouse moito desde esta primeira experiencia. “Non podemos deixar colgada a xente que participou nos obradoiros e quere continuar”, sinala Iolanda. Hai diferentes ideas para desenvolver novas actividades, desde un terceiro nivel que aÃnda sexa máis participativo ata a organización de foros e de actividades a través da rede. Polo de agora a cooperativa anuncia a vindeira posta en marcha da súa web, buscando unha vez máis novos sitios para o galego.