Pechouse este domingo a XIª edición do festival de creación dixital Carballo Interplay, deixando atrás un dÃas nos que o protagonismo foi para os contidos que se están a crear en Galicia sen deixar de ter presente a perspectiva internacional do CiP. O reparto de galardóns deste ano cunha ampla categorÃa de premios para creación galega, deixou un palmarés que é o retrato dun momento de creatividade emerxente e efervescencia na nosa terra e que ten escaparate propio nesta cita referencial e consolidada que é o CiP de Carballo. Queda como fito que foi a primeira vez na historia deste festival que o Premio á mellor dirección da Sección Oficial internacional recae nun nome do paÃs. Foi para a lucense Irene Pin, que foi a recoñecida polo xurado grazas ao seo facer coa webserie 'Rent-a-pal'.
Na parte dos premios dedicada en exclusiva á creación galega o premio de Mellor Creador/ de contido dixital foi para MarÃa Rúa, que asina o o seu traballo como 'Prado Rúa' . O xurado viu nela "autenticidade, carisma especial" destacando a calidade lingüÃstica do seu contido e a "rotundidade" para defender "causas que considera xustas". Como Mellor Canle en Galego deste certame o galardón foi para o videopodcast "O Faiado", realizado por estudantes da Universidade de Santiago de Compostela. Pecha esta sección do talento do paÃs o proxecto de webserie 'Delirio Skecht' que acadou o Premio a Mellor Proxecto de Contido Dixital en Galego, co que o CiP achega 3.000 euros destinados a apoiar o seu desenvolvemento e posterior presentación no vindeiro festival. No reparto da Sección Oficial a produción máis recoñecida foi a webserie 'Historia Mal', un traballo de animación dirixido polo andaluz Daniel Cervantes, con ela levou o premio de Mellor Serie e tamén o Premio do Público. Por parte do Xurado Novo o recoñecemento foi a a webserie de fantasÃa china Monster Diner / 怪兽小馆.