A tradición popular sostiña que na praia de Arealonga (San Miguel de Reinante, Barreiros) atopábase a cidade asolagada de San Miguel de Vilachá, afundida por un castigo ou un maleficio. Nos dÃas de trebón, contaba a historia, aparecÃan trabes e restos das árbores da vila asolagada. O que parecÃa ser unha das numerosas lendas de cidades malditas do litoral galego, tiña todo o sentido. Os trebóns amosan periodicamente na praia restos dunha turbeira na que se atopan restos de árbores dun antigo bosque e ósos e cornamentas de mamÃferos, datados pola paleontóloga Aurora Grandal nuns 4.800 anos. Desta volta, a asociación Mariña Patrimonio, que leva anos documentando fotograficamente a aparición da turbeira nos invernos mariñáns, alertou á Dirección Xeral de Patrimonio da aparición de útiles lÃticos na zona de Penas Rubias, de posible cronoloxÃa paleolÃtica. Os obxectos arqueolóxicos foron recollidos polos técnicos da Xunta tras unha inspección do lugar.