Mundo Prestigio presenta o froito da súa 'Eterna Constanza'

O primeiro LP da banda conta con importantes colaboración e amosa a forte personalidade da formación

'Ruada' é título do tema co que Mundo Prestigio abre o que é o seu primeiro traballo longo 'Eterna Constanza' (Ernie Records, 2024). Para este tema en concreto a banda conta coa colaboración doutro dos artistas da discográfica, Carlangas. Xustamente esta formación, baixo o nome de Los Cubatas son os que acompañan en xira ao ex-Novedades Carminha. Mundo Prestigio está integrado por Ju, Brais, Fiz e Fer, en 'Eterna Constanza' preséntanse con 13 cancións, pasaxes a modo de interludio e colaboracións con seis dos seus artistas favoritos do panorama musical nacional, ademais de Carlangas conforman esta lista Antía Van Weill, Kimberley Tell, Kiliki Frexko (de Chill Mafia), Erik Urano e Cibrán (Boyanka Kostova), que é practicamente un quinto membro do clan. Para a produción do disco a banda contou coa experta man do coñecido Hevi, unha figura esencial para entender o panorama da música actual en galego. O disco presenta un compendio estilístico variado e un equilibrio entre temas instrumentais, moi ambientais nun senso chill out e outros cantados grazas maiormente á colaboracións.

'Eterna Constanza' chega tras anos de traxectoria nos que publicaron tres EPs e colaboraron con numerosos artistas, neste traballo está a burla da cultura do esforzo e a meritocracia; o espello aos gurús de internet e ás frases motivadores. No disco, ao longo da súa lista de temas e da súa colocación na edición conflúen diversas influencias e referencias que durante estes anos acompañaron a Mundo Prestigio; 'Ruada' invoca a elegancia do soul de Isaac Hayes; 'Turututú' o frescor de verán nos samplers do Wildflower de The Avalanches; 'Sensaciones' evoca as producións do pop español setenteiro de Jeanette, etc… Tamén hai referencias ao HipHop máis agresivo na cara B como 'Visionz' con Erik Urano, na que se coa de cheo o son Wu-Tang. En definitiva un disco evocador e refrescante, gozoso de escoitar ao completo tal e como foi concibido e que xa pode atoparse en vinilo ademais de escoitalo en plataformas dixitais. A banda estará o vindeiro día 12 presentando os temas na Sala Siroco en Madrid dentro do Sound Isidro.