O Cine Alfonsetti da Cidade dos Cabaleiros acollía este 20 de marzo a presentación do proxecto audiovisual Betanzos Capital. Esta webserie de oito episodios desenvolvida pola cooperativa Marma fai un repaso pola historia medieval da vila dun xeito ameno, a atender a diferentes aspectos concretos deste período.
Segundo explica a presentación do proxecto, en cada episodio abórdanse "segredos ou anécdotas relevantes que axudan a entender o simbolismo do patrimonio, a transformación que sufriu a cidade e os fitos que converteron a Betanzos nunha das capitais do Reino de Galicia ata 1833".
Deste xeito, a canle de Youtube da iniciativa conta xa con vídeos que atenden ao papel da cidade nas Revoltas Irmandiñas, á importancia do porto na Idade Media ou o papel da Coroa na constitución da vila e na creación da súa Feira Franca. De xeito paralelo ás pezas audiovisuais, Betanzos Capital promove tamén unha ruta histórica local por diferentes lugares de interese vencellados aos vídeos.
O proxecto desenvolveuse ao abeiro do II Certame de Fondos de proxectos culturais Reino de Galicia que promove a Deputación da Coruña e contou coa colaboración de profesionais da investigación histórica local como Andrea Rivera, José Ángel Paz, Sara Fraga, Antonio González, Elena Carro e América Díaz, canda ao asesoramento e colaboración de Ángel Arcay, director do Arquivo de Betanzos e Museo das Mariñas.