Os arqueólogos Manuel Lestón e José Suárez Otero veñen de publicar a identificación de dúas esculturas galaicas na parroquia de Bamiro (Vimianzo), posiblemente vinculadas ao castro de Oróns, nun artigo no número 53 do BoletÃn auriense. Os achados supoñen a aparición de plástica vinculada aos castros nunha área, a zona máis occidental coruñesa, ata o momento carente deste tipo de manifestacións culturais. A escultura da Idade do Ferro, e especialmente con este nivel de naturalismo, é máis frecuente nas áreas meridionais dos pobos galaicos. Trátase dunha cabeza dun home e outra dun animal, un posible porco ou xabarÃn, que foran achadas casualmente hai tempo nas proximidades do castro de Oróns, un xacemento definid como 'castro de chaira' e de grandes dimensións. A cabeza do home atópase en estado de conservación "bastante deficiente" e foi esculpida no estremo dun porpiaño, o cal revela que non pertencÃa a unha estatua máis grande. Atópase hoxe integrada nun muro dunha vivenda particular. Os autores destacan "certa calidade en canto a concepción e execución no contexto da escultura castrexa" e unha "intención naturalista na definición das orellas e o contornado dos ollos".
Vista lateral das dúas pezas. Foto: Lestón Gómez e Suárez Otero / BoletÃn Auriense
A outra peza encaixa dentro do que os especialistas definen coma un 'prótomos', a representación dun animal tamén pensado para ser inserido nunha parede. Representa un porco ou un xabarin e atópase en mellor estado de conservación que a cabeza humana, aÃnda que tamén con unha vocación naturalista na representación das caracterÃsticas do animal. A peza tamén ten paralelos noutras partes de Galicia que analizan os investigadores. A maiores, na costa occidental coruñesa, no castro de Mallou (Carnota), tamén hai memoria oral da aparición da cabeza labrada dun porco que foi trasladada a un lugar central da aldea e roubada nas décadas dos 70-80, e que foi recreada recentemente a partir dos recordos dos anciáns do lugar.
O castro de Oróns no voo americano de 1947
O castro de Oróns, que foi en gran medida arrasado pola concentración parcelaria, medÃa 180 metros de longo por 80 metros de ancho na súa zona máis espaciosa, e mantiña defensas enteiramente artificiais. "Só un 12% dos castros da área responden a este patrón", sinalan os autores, quen apuntan a un "posible papel sociopolÃtico e a unha función non estritamente habitacional do castro" que estarÃa conectada coa presenza destas singulares obras artÃsticas. Os investigadores vinculan a aparición destas esculturas aos cambios das últimas fases da Idade do Ferro "que implicaron a implantación de tradicións indÃxenas, pero, cando menos na elaboración das súas expresións, alleas a área septentrional do mundo prerromano galaico". Para os autores, eses cambios "só pode ser ó das transformacións en relación a implantación do poder romano na súa fase inicial e en relación máis a explotación de recursos estratéxicos, coma os mineiros".