A gala dos XXII Premios Mestre Mateo, que se celebrou na Coruña este sábado 23 de marzo, coroou O Corno como a grande triunfadora do cinema galega do último ano. O filme dirixido por Jaione Camborda obtivo sete dos catorce galardóns aos que optaba, a incluír os de mellor filme, dirección e guión. A estes sumáronse os premios á dirección de arte para Melania Freire, maquillaxe e perrucaría (Bárbara Brouke, Lorena Clavo e Silvia Neira), son (Sérgio Silva e David Machado) e vestiario (Uxía Vaello).
A outra grande vencedora da noite foi Matria, que tamén partía como favorita nesta edición. O filme de Álvaro Gago recibiu cinco dos dez premios aos que aspiraba. En concreto, a produción foi galardoada polo traballo de María Vázquez como mellor interpretación feminina protagonista e o de Susana Sampedro e Santi Prego como mellores intérpretes de reparto. A dirección de fotografía Lucía C. Pan e a producción de Nati Juncal tamén recibiron cadanseu premio.
Tamar Novas obtivo por segundo ano consecutivo o premio ao mellor actor protagonista polo seu labor no filme ¡Salta!. Rapa alzouse vencedora nas categorías de mellor serie, mellor montaxe para Gaspar Broullón, Julia Juanatey e Lucía Iglesias, e mellor música orixinal para Xavi Font. A Oliveira dos cen anos que C. Tangana creou como himno para o centenario do RC Celta de Vigo fíxose co premio ao mellor videoclip.
A presentadora e actriz coruñesa Lucía Veiga foi recoñecida como mellor comunicadora, e Bruno Arias levou o premio ao mellor documental por Espazos en Branco. O mellor anuncio publicitario da edición foi Chama a miña nota, de Recados Carmen para Balidea e Universidade de Vigo. Cos pés na terra foi escolleito como mellor programa televisivo, mentres nas categorías de curtametraxes O Coidado foi galardoada na sección de imaxe real e To bird or not to bird na de animación.
Eva Veiga recibiu o premio de honra Fernando Rey da mans de Xosé Ramón Gayoso, con quen presentar a primeira emisión da TVG o 25 de xullo de 1985.