A piques de cumprir dous anos do que foi o derradeiro concerto de Siniestro Total, celebrado no Wizink Center de Madrid o repertorio dos 40 anos de actividade da banda xa ten continuidade sobre os escenarios e ademais con autenticidade absoluta. Será o vindeiro 30 de abril cando debute en directo a formación Hey Hematoma, unha banda que vai máis alá do tributo, xa que son algúns dos membros fundadores de Siniestro Total os que a conforman. En concreto son Javier Soto e Miguel Costas os que abandeiran este proxecto musical sobre o repertorio da banda. Os dous formaron parte do grupo inicial, se ben Costas deixouna en 1994, pero Soto seguiu ata o final nela. Acompáñalles nesta aventura Andrés Cunha, o que foi o último baterÃa que pasou por Siniestro desde 2018, xunta eles completan a formación Alberto Cunha e Chus Dasilva. O legado da banda que foi recoñecida cunha Medalla Castelao en 2023 terá lexÃtima continuidade asÃ, canda menos sobre os escenarios.