Ao longo do paÃs téñense localizado vilas romanas que dan conta da explotación do territorio trala Idade do Ferro. Moitas delas deron lugar a aldeas actuais, templos parroquiais ou transformaron o campo galego, dunha banda, ou multiplicaron a explotación do mar no caso do litoral. Con todo, o coñecemento sobre este tipo de xacementos aÃnda non é moi amplo. Para reflexionar sobre novas perspectivas neste campo arqueolóxico o Museo Provincial de Lugo organizou as VII Xornadas de Divulgación CientÃfica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense, co tÃtulo “As villae na Gallaecia. Establecementos agrÃcolas-señoriais de época romana”. As xornadas celebraranse o 5 e 6 de abril no Museo Provincial de Lugo. No programa concorren investigadores de Galicia, Asturias e León que dan conta de visións de conxunto sobre o poboamento rural romano, como Carmen Fernández Ochoa, sobre a funcionalidade das vilas marÃtimas, como o profesor da Universidade de vigo FermÃn Pérez Losada, ou sobre os espazos culinarios e o consumo alimenticio nestas vivendas, da man de Adolfo Fernández e Carlos Fernández respectivamente. Unha mesa redonda debatirá sobre o "pasado, presente e futuro das villae galegas. Estratexias, oportunidades e desafÃos", no que participará Dolores Dopico (USC) e os arqueólogos Francisco Alonso Toucido e LuÃs F. López, que escavaron as vilas de Proendos e A Grade respectivamente. O prazo de inscrición xa está aberto.