Falece a actriz e artista Rosalía Dans

Era filla da pintora María Antonia Dans e acadou gran popularidade polo seu traballo na serie 'Los Gozos y las sombras'

Rosalía Dans en 'Amanece que no es poco'
Rosalía Dans en 'Amanece que no es poco'
O Concello de Curtis foi o encargado de dar comunicación pública ao falecemento onte da artista e actriz Rosalía Dans (a Coruña, 1955), o motivo é o vencello da artista co concello natal da súa nai, a pintora María Antonia Dans. Xustamente fai poucos días inaugurábase alí a Casa-Museo dedicada á nai da actriz, non pudendo ela asistir a dita inauguración onde se deu lectura a unhas verbas a través dunha intima amiga súa. Rosalía Dans . acadou popularidade como actriz grazas ao personaxe de Rosario na serie de Televisión Española 'Los gozos y las sombras', baseada na obra do escritor ferrolán Gonzalo Torrente Ballester, o que a converteu nun dos rostros máis populares da pequena pantalla. Durante a década de 1980 mantén a súa presencia en televisión, intervindo en series como 'Anillos de oro' (1983), Goya (1985), 'Las aventuras de Pepe Carvalho' (1986) o 'Lorca, muerte de un poeta' (1987). Tamén recorreu una pequena traxectoria na gran pantalla, en películas como 'Gallego' e destacando a súa participación en 'Amanece, que no es poco' (1989), de José Luis Cuerda. Apartada da interpretación dende principios da década de 1990, dedicouse á pintura e a escritura, remontándose a súa primeira exposición ao ano 1986. O Concello de Curtis lembra a súa memoria agradecendo a súa contribución para levar a bo final a Casa Museo dedicada á súa nai, e sinalan o seu "profundo agradecemento a unha muller que sempre mostrou un constante interese, dedicación e compromiso no benestar do pobo e os curtienses.