A Xunta presenta a Rede Adival para dinamizar a cultura do rural

O proxecto procurará a colaboración voluntaria entre entidades públicas e privadas con este obxectivo

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:
Imaxe do vídeo de presentación da Rede Adival. Fonte: Xunta de Galicia

Imaxe do vídeo de presentación da Rede Adival. Fonte: Xunta de Galicia

Un acto na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela este sábado 16 de marzo serviu para dar a coñecer o proxecto da Rede Adival. Esta proposta da Xunta de Galicia desenvolverase ao longo de 2024 coa intención de "ampliar a oferta cultural nas vilas e localidades máis pequenas, garantir que contan cunha programación regular, impulsar proxectos que axuden a dinamizar a economía da contorna e fixar poboación, ao mesmo tempo que procura promover o turismo cultural no rural galego", segundo explica o goberno.

O programa parte da adhesión voluntaria de entidades públicas e privadas, en particular do terceiro sector, para desenvolver unha serie de actuacións que a Xunta adianta que chegarán "a máis de dous millóns de galegos e galegas". Segundo adiantou o presidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda, a intención é que o proxecto inicie a súa actividade ao longo dos primeiros cen días do seu novo goberno, e convidou ás preto de 5.000 entidades sen ánimo de lucro que se dedican á cultura no noso país a se vincular a esta iniciativa.

Segundo se avanzou na presentación do proxecto, a intención da Xunta é desenvolver entre abril e maior xuntanzas preparatorias coas entidades que poden participar do mesmo. Entre xuño e xullo elaboraranse os estatutos que rexerán a rede, que se publicarán entre setembro e outubro canda a aprobación da súa posta en marcha por parte da Xunta. Finalmente, para setembro está previsto a xuntanza constitutiva do proxecto.

Entre os obxectivos específicos da Rede está ampliar as capacidades dos sectores culturais que operan no medio rural, a favorecer a súa profesionalización e a creación de redes, potenciar a participación das mulleres na cultura neste ámbito ou implicar na actividade cultural tanto a persoas tituladas nas universidades e en ciclos de Formación Profesional como a retornadas da emigración.

Que che parece esta nova?
84 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Turismo, Xunta de Galicia, Santiago de Compostela...