O Congreso insta ao Goberno central a que ceda a Crónica Troiana a unha institución galega

A cesión conmemoraría o 650 aniversario da súa redacción

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Inicio da Crónica Troiana. Biblioteca Nacional de España

Inicio da Crónica Troiana. Biblioteca Nacional de España

O Congreso instou ao Goberno central a que ceda temporalmente o manuscrito da Crónica Troiana, propiedade da Biblioteca Nacional de España, co obxectivo de celebrar o 650 aniversario da súa redacción. A iniciativa foi proposta polo Bloque Nacionalista galego, quen instou a que a obra "sexa cedida a unha institución cultural galega", que a cesión temporal veña acompañada dunha campaña de promoción e difusión e que a obra, con independendencia da titularidade do manuscrito, figure en "depósito permanente nunha institución pública con sede en Galicia". A iniciativa contou co apoio maioritario da Comisión de Cultura, agás o voto en contra do voto de VOX. A Crónica Troiana é a obra literaria medieval en galego máis estensa conservada, e testemuña do interese da aristocracia galega por este ciclo clásico de gran difusión na Europa baixomedieval. Está baseada no Roman de Troie francés e nas referencias da General Estoria de Afonso X e foi redactada por Fernán Martíns, capelán e conselleiro de Fernán Pérez de Andrade, un dos aristócratas máis poderosos da Galicia do século XIV. Para o BNG, a Crónica Troiana e outros manuscritos en galego -todos eles fóra de Galicia- "son a proba viva da historia e da cultura galegas, da importancia e peso que o galego tivo na Idade Media como idioma propio dun dos Reinos con máis peso da época medieval, o Reino da Galiza. Esas obras son propiedade do pobo galego e deberán ser devoltas ao seu lexítimo propietario".

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O manuscrito atopado

O manuscrito atopado

A Historia da Santa Igrexa de Iria amósanos a presenza do galego nos Séculos Escuros

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Goberno Central, Afonso X, Idade Media, Biblioteca Nacional...