Pontedeume entra na rede catalá de Vilas del Llibre

Os concellos do Camiño Inglés estudarán a creación da Rede de Vilas do Libro entre eles

14/3/2024 | Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaPolíticas Culturais
23 lecturas | Compartido 0 veces

O Concello de Pontedeume será este sábado o escenario dunhas xornadas participativas para definir e concretar co tecido cultural e asociativo eumés como se levará a cabo a primeira edición de 'Pontedeume, Vila do Libro', a entrada do concello coruñés no circuíto literario nacido en Cataluña fai 15 anos e consolidado como unha das programacións destacadas na reivindicación da literatura e da historia dos oficios do libro en seis espazos locais desa comunidade. Pontedeume será a única localidade de fóra de Catalunya adherida a esta rede tras o seu apadriñamento en 2022 por parte da Vila do Libro das Ramblas, que se celebra en Barcelona.
A iniciativa 'Vila do libro' propón un programa de actividades nos que, durante unha fin de semana, locais das vilas e aqueles espazos que teñan algún tipo de importancia histórica empréganse como librarías ou sedes de eventos culturais. Entre os actos inclúense manifestacións artísticas e literarias de distintas temáticas, implicado ademais ao comercio local e a outros sectores produtivos e sociais. Para definir cando e como será o evento, os responsables da Vila del Llibre y la Xarxa, desprazaranse a Pontedeume para falar co tecido cultural e asociativo eumés, as editoriais, centro educativos e agrupacións culturais, entre outros colectivos. O domingo, a partir da experiencia da xornada do sábado e co Concello de Pontedeume liderando o proceso como Vila do Libro pioneira en Galicia, celebrarase outra reunión de traballo para falar do proxecto de creación da Rede Vilas do Libro nos concellos do Camiño Inglés.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universos

Claves

Protagonistas
Conceptos