Unha homenaxe á falecida etnomusicóloga Dorothé Schubarth abrirá o vindeiro 20 de marzo a décima novena edición da Mostra Internacional de Cinema Etnográfico (MICE). A iniciativa que organiza o Museo do Pobo Galego daba a coñecer este 6 de marzo unha programación na se proxectarán 70 pezas dunha ducia de nacionalidades, das que doce serán estreas. O eixe desta xeira, segundo sainala a organización é a ollada do cinema etnográfico sobre o polÃtico.
A sección oficial contará con 13 producións a concurso, das cales 8 foron dirixidas por mulleres e 4 son galegas. A estrea de With Love, Stela, de Stela Roxana Pascal; as estreas en España de Flotacija, de Eluned Zoe Aiano e Alesandra Tatić; Riada, de Carlos Tobón; Vida e morte en Xikún, de Jiandong Huang; ou The Guardians of the Flame, de Daniel Wolff fan parte desta sección.
Complétase coas estreas galegas de TaxiBol, de Flavio Armone; Onde fica esta rua?, de João Pedro Rodrigues e João Rui Guerra da Matao; El Signo VacÃo, de Kathryn Ramey; Sew To Say, de Rakel Aguirre; e 12 de maio de 1937, de Mar Caldas. Completan a sección A Revolución (é) Probable, de MarÃa Ruido, Paula Barreiro-López e Lee Douglas; Habitar, de Anxos Fazáns; e Lavadoiro, de Ana Amado e Lois Patiño.
Unha retrospectiva revisará ao longo de tres sesións a filmografÃa da pioneira do cinema documental italiano Cecilia Mangini. A cineasta chilena Carolina Astudillo corre coa selección e pon en relación os seus propios filmes cos da italiana nun diálogo que inclúe a estrea mundial de Postal, último filme de Astudillo.
Na sección Trazas, que se desenvolve en colaboración co Cineclube de Compostela e a sección de Artes Escénicas, Musicais e Audiovisuais do Consello da Cultura Galega, ponse o foco Transición democrática e o cinema galego, mediante tres sesións de debate sobre Cine amateur e militante da Transición, Do amateur ao profesional, e Representación da Transición no cinema contemporáneo. Ademais proxectaranse Conxo, unha experiencia, de Manolo Abad; CCCV, de Ramiro Ledo Cordeiro; A lei da terra, do Colectivo Grupo Zero; un conxunto de curtametraxes de Manoel da Costa; RocÃo, de Fernando Ruiz Vergara; e a curtametraxe AndalucÃa 28F, de Nonio Parejo.
O apartado formativo Lindes estará a cargo de Diana Gonçalves e Iván Castiñeiras, e haberá ademais un obradoiro de Creación audiovisual con dispositivos fáciles, impartido por Coral Piñeiro e Bruno Arias. Mantéñense ademais a programación para escolas e a sección para público familiar.
Na homenaxe a Schubarth proxectarase unha montaxe visual realizada para a ocasión por Laura Piñeiro e Fran RodrÃguez Casal acompañada da música ao vivo de Richi Casás, Frank Barcia, Tania Caamaño e AntÃa Ameixeiras. Dentro das actividades paralelas a organización destaca tamén a exposición Da túa man para a miña, de Fran RodrÃguez Casal, e a proxección de Os espazos en branco, do novÃsimo cineasta Bruno Arias.