Logo de varias semanas ingresado, este 4 de marzo falecía en Vigo Alfonso Álvarez Cáccamo aos 71 anos de idade. A súa desaparición foi lamentada por múltiples nomes da cultura, que salientaron o seu compromiso co país e a súa grande calidade literaria e humana. Margarita Ledo, Antón Mascato, Fina Casalderrey, Manuel Bragado ou María Xosé Porteiro foron algunhas das persoas que expresaron as súas condolencias.
Álvarez Cáccamo foi especialmente recoñecido polo seu labor na narrativa, onde obtivo galardóns tan importantes como o Xerais ou o Álvaro Cunqueiro. No seu haber figuran novelas como Peito de vimbio, As baleas de Eduardo Reinoso, Xente de mala morte, Catapulta, O Espírito de Broustenac, O Bosque de Levas, A revolución dos globos, O Destino de Clarescura Lens ou a máis recente Os Gotten, publicada en 2014. Tamén abordou a poesía con Na flor do vento e Sebes contra o vento, e no ensaio abordou a biografía do seu pai, Xosé María Álvarez Blázquez.
Canda ao labor literario, Álvarez Cáccamo traballou na docencia, como profesor no colexio de Panxón, en Nigrán, ata a súa xubilación hai unha década. O autor facía parte dunha saga familiar cunha importante pegada na cultura do país, con nomes que van desde os Álvarez Limeses ata os seus irmáns Xosé María e Celso e a falecida Berta Cáccamo.