Unha escolma de textos sobre a cuestión da lingua no noso paÃs creados entre o nacemento das Irmandades da Fala e a aprobación do Estatuto de AutonomÃa de 1936. Esta é a proposta que a Real Academia Galega (RAG) presentaba este 21 de febreiro no seu web co tÃtulo Ideas, propostas e debates sobre a lingua (1916-1936). Os dous volumes, que están dispoñibles para libre descarga, foron compilados polo académico Henrique Monteagudo coa colaboración de MarÃa Dolores Sánchez Vales e Nélida Cosme.
Na escolma atópanse, segundo explica a RAG, escritos publicados en "libros, opúsculos e distintos medios, desde diarios como El Pueblo Galllego, ata revistas" como A Nosa Terra, Nós ou Céltiga. O primeiro volume da obra recupera textos referentes "ao status social, cultural e polÃtico do galego", mentres os do segundo céntrase no "seu cultivo e elaboración, con atención especial ao desenvolvemento e á fixación do galego escrito".
Entre os autores incluÃdos están Antón e Ramón Villar Ponte, Vicente Risco, Victoriano Taibo, Johán Vicente Viqueira, Francisco Fernández del Riego, FermÃn Bouza-Brey, Manuel LugrÃs Freire, Leandro Carré, Ricardo Carballo Calero, Jesús Bal y Gay ou Rafael Dieste. Segundo apunta a RAG, na obra pódese comprobar o ideario das Irmandades da Fala a reivindicar o uso do galego en todas as esferas da vida pública e da expresión literaria.
Os debates arredor da situación da lingua na Constitución da II República e mais no Estatuto de AutonomÃa aparecen tamén presentes nesta obra, a recuperar textos como La lengua gallega y la lucha por la cultura en Galicia. Réplica a Unamuno de Eloy Luis-André. O debate sobre o recoñecemento oficial da nosa lingua na Constitución republicana, negado por Unamuno, ten tamén reflexo en textos de Castelao e de Otero Pedrayo sobre a cuestión.
O segundo volume da obra achega, entre outros, os 46 artigos publicados na "Tribúa da Fala" d'El Pueblo Gallego nos que se debaten diferentes cuestións sobre a norma para a nosa lingua desde unha variedade de posición que van do popularismo ao reintegracionismo.