Os vellos de Brandomil mantiñan a tradición de que baixo as terras desta aldea de Zas (A Coruña) existÃa unha cidade enterrada. A lenda soportábase ademais na abundancia de restos arqueolóxicos de relevancia, como capiteis de columnas e aras a deuses, ás veces con dedicantes procedentes de pobos de orixe moi distante, como gregos. Desde hai varios anos lévanse realizando campañas arqueolóxicas que están a comprobar canto de precisa era a memoria da parroquia.
A aldea de Brandomil sempre espertou o interese dos investigadores. A existencia do maior volume de restos romanos ao norte do rÃo Tambre, o paso estratéxico do rÃo Xallas a través do vello camiño real cun castro por riba da ponte e a proximidade dunha área mineira relevante en Limideiro facÃa pensar que se trataba dun núcleo romano de relevancia e mesmo se especulaba con que puidese ser unha mansio, é dicir, unha pousada intermedia dunha vÃa romana que se dirixirÃa cara os portos da Costa da Morte. As escavacións arqueolóxicas permitiron confirmar o paso do camiño real ben constatado na Idade Media e na Idade Moderna, mesmo polo coñecido mapa de Domingo Fontán, pero tamén a existencia dunha vÃa anterior. Con todo, os datos arqueolóxios das diferentes campañas achegan información bastante máis complexa que esa hipótese.
"Cando comezamos as intervencións arqueolóxicas na Pedra do Altar", explica Lino Gorgoso, arqueólogo responsable das intervencións arqueolóxicas en Brandomil, "partiamos da hipótese de que o edificio no que traballabamos podÃa ser esa famosa mansio. HabÃa motivos para pensalo. "Está pegada a dúas vÃas que están superpostas a unha sobre a outra. Unha era o camiño real histórico, pero despois hai outra uns 60 centÃmetros por debaixo, que é obviamente máis antiga pero que se parece desviar en dirección sureste con respecto o propio camiño real, que é o camiño superior". Gorgoso comenta que a propia vÃa antiga parece estar construÃda por riba desa estrutura que están a exhumar. As escavacións están promovidas pola Fundación Brandomil e o concello de Zas.
"A dÃa de hoxe xa podemos dicir que non é unha mansio, senón unha domus, unha residencia", explica o arqueólogo. "Cun vinte por cento da estrutura escavada, o que nos atopamos son unhas sete estancias, das que só catro están completas e fechadas. A máis interesante é a número 5, na que temos a porta e mesmo unha basa de columna de tipo toscano. Ao redor dun vestibulum hai varios cubiculus con pavimentos de opus signinum, unha técnica de solos moi habitual no noroeste, e mesmo algunha con pavimento hidráulico".
Boa parte dos esforzos se centran en conseguir datar a estrutura para achegarse tamén o propio papel de Brandomil nunha zona, o occidente coruñés entre o Ulla, o Tambre e na que as evidencias de romanización non son especialmente abundantes en comparación con outras áreas de Galicia. A domus de Brandomil parece situarse con claridade no século I d.C., "ao redor do ano 50-60 da nosa era", explica Lino Gorgoso. "Temos cerámica sigillata hispánica da primeira época, pero tamén materiais galaicorromanos que adoitan asociarse ao século I d.C.", sinala o arqueólogo. A vila parece estar conectada co universo cultural que o rodea. "Claramente temos louza coas formas definidas como Borneiro A, que son cerámica galaica presente nos castros da área, e despois un conxunto curioso de cerámicas que parece que teñen decoración do Ferro I".
O gran incendio
En todo caso, as datacións de carbono 14 presentadas estes dÃas sitúan con claridade a desaparición desta gran casa. "Foi ao redor do ano 98 despois de Cristo", aclara Lino Gorgoso. "O nivel de queimado era brutal, e a especialista MarÃa MartÃn Seijo determinou que era madeira de carballo, asà que podÃa ter que ver coa estrutura do propio edificio". AÃnda que a hipótese dunha destrución violenta é tentadora, en realidade non aparece ningunha evidencia que permita sustentar algún tipo de ataque violento. O caso é que trinta anos despois o edificio vólvese reconstruÃr. "Nesa segunda ocupación xa está todo máis mesturado, e os carbóns pertencen a plantas de ciclo máis curto, como as fabáceas", explica Lino Gorgoso. Con todo, esa segunda fase de ocupación parece de menor entidade que as potentes estruturas da domus do século I d.C.
As investigacións arqueolóxicas continuarán en vindeiras campañas en Brandomil coa apertura de 150 metros cadrados máis de xacemento, guiadas en gran medida polos datos que os investigadores obteñen a través de prospeccións en xeorradar. Polo de contado, en marzo aparecerá unha publicación cos resultados das campañas arqueolóxicas, pero tamén da investigación sobre as pezas aparecidas ao longo da historia en Brandomil e que agora se atopan, ben en casas da aldea, ben noutras localizacións como Santiago de Compostela.