Xela Arias formou parte do primeiro equipo directivo de Xerais, onde foi correctora e asesora lingüística. A súa poética supuxo un impulso dentro da nova poesía, cun estilo depurado e innovador. Pero Xela era moito máis: poetisa, traductora, recitadora, a esta filóloga paroulle o corazón cando ultimaba a presentación do seu libro Intempériome (Espiral Maior, 2003). A súa despedida será hoxe ás 16:30 no cemiterio do Pereiró de Vigo.
Xela Arias pertence a esa caste de mulleres que conseguiron facerse un oco nun mundo de homes. E a esa caste de escritoras valente e decidida que é quen de ofrecer unha proposta poética, estética, innovadora e arriscada coa que supuxo unha efectista bafarada de aire fresco no panorama literario. Xela acababa de reaparecer logo de case dez anos de silencio con Intempériome que publicou hai catro meses da man de Espiral Maior e que ía empezar a presentar dentro de dúas semanas. Pero onte pola mañá o seu corazón parou inesperadamente. A despedida será esta tarde ás 16:30 da tarde, no cemiterio de Pereiró en Vigo.
Xela, a poetisa
Xela levaba as letras nas veas e a paixón víñalle de familia. Era filla do que foi xerente de Galaxia e presidente da Asociación de Traductores Galegos, Valentín Arias López. Aínda que naceu en Lugo, trasladouse a Vigo moi nova, onde viviu durante toda a súa vida.
Estivo casada co fotógrafo Xulio Gil, con quen publicou Tigres coma cabalos (Xerais, 1990) que foi unha das súas propostas máis rupturistas, ao ilustrar os seus poemas con fotos nas que a poetisa aparecía espida. Un libro que pretendía recoller dúas das súas máximas: a sinceridade e a busca dos elementos fundamentais, fóra de todo ornamento.
E perseguiu esa sinceridade con Darío a diario (Xerais, 1996) onde reflectiu a súa experiencia como nai, onde procurou seguir afondando sobre si mesma e buscou a depuración estilística e temática.
A súa obra poética non é moi extensa. Desde que se deu a coñecer con Denuncia do equilibrio (Xerais, 1986) só ten catro títulos, pero o seu nome aparece ligado a moitas máis obras, porque Xela Arias foi unha persoa moi activa dentro do mundo literario. Figura en libros colectivos como Palabra de muller, Daquelas que cantan e Rosalía na palabra de once poetas galegas, nos que foi amosando un decidido carácter e unha proposta estética inclasificable dentro da súa xeración e que algún estudioso cualificou como propia de "francotiradores". Foi finalista do premio Esquío con Lili sen pistolas, do que a propia Xela non gustaba de facer moitos comentarios e que hoxe segue inédito.
Xela, a traductora
O seu nome era coñecido no mundo editorial onde se foi formando un nome propio. En 1980 formou parte, xunto con Xulián Maure e Roberto Pérez Pardo, do equipo de Xerais onde estivo unha década inmersa no traballo de correctora de estilo e traductora. Desde a súa marcha da editorial viguesa, diversificou o seu traballo en varias editoriais ao mesmo tempo que estudiaba Filoloxía.
Amor de perdición (Xerais, 1986) de Camilo Castelo Branco, O bosque animado (Xerais, 1987) de Fernández Flórez, Dublineses (Xerais, 1990) de James Joyce, O derradeiro dos Mohicanos (Xerais, 1993) de Fehnimore Cooper e Venus Negra (Xerais, 2002) de Ángela Carter son algúns dos títulos que podemos ler en galego gracias ao seu traballo (e polos que recibiu os premios de traducción Ramón Cabanilas e o Premio da Sociedade de Lingoa Portuguesa). A morte sorprendeuna cando andaba a traducir Ancho Mar dos Sargazos de Jean Rhys.
As palabras que deixou
A súa inesperada morte correu coma un funesto raio no mundo literario. Manuel Bragado, director da editorial á que Xela estaba moi ligada, declarou a Galicia Hoxe que "para o equipo de Xerais era unha perda durísima". A poeta Chus Pato destaca que produciu versos de grande impacto, que non rexeitou escribir sobre os aspectos máis duros da existencia e que os asumiu coa condición humana e María Xosé Queizán, directora da colección "As literatas" de Xerais, definiuna como "unha traductora fantástica, esmerada e moi coidadosa". Hoxe todo o mundo, a prensa incluída, destaca a perda irrecuperable xa non só de Xela como persoa, senón tamén dunha das voces máis valentes da chamada "xeración esquecida".