Rosa Sánchez e Pablo Carpintero farán soar as gaitas máis antigas que se conservan

O Museo da Cidade do Lérez acolle este 16 de febreiro a conferencia-concerto As gaitas de fol na provincia de Pontevedra

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:
Rosa Sánchez e Pablo Carpintero farán soar as gaitas máis antigas que se conservan

Un percorrido pola historia das gaitas a través de instrumentos que pasaron de man en man en diferentes familias ou que se conservan no Museo de Pontevedra. Esta é a proposta que desenvolven Rosa Sánchez e Pablo Carpintero este 16 de febreiro a partir 19 horas no Edificio Castelao do centro pontevedrés.

No encontro, este dúo de investigadores explicarán o proceso de datación que lles permitiu situar cronoloxicamente estas pezas ata o punto de localizar algunhas construídas na Idade media.

Ademais, darán detalles sobre o xeito no que se tocaban e se construían, e o público poderá ver as ferramentas para a fabricación de gaitas que utilizaba o artesán Manuel Villanueva, conservadas no Museo.

As explicación acompañaranse de interpretacións nestes instrumentos, algúns deles considerados dos máis antigos do mundo, e entre os que se inclúe un punteiro empregado por Perfecto Feijóo.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Pablo Carpintero, Lérez, Castelao, Museo de Pontevedra...