A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da USC acolleu onte a presentación do informe de resultados económicos do Hub Audiovisual - Industria Cultural Galega, deseñado e desenvolvido pola Xunta no trienio 2021-2023. O secretario xeral da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, Manuel Vila e o director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, asistiron á presentación deste informe encargado ao grupo de investigación Posmark (Persoas, Organizacións Sostibles e Márketing) da USC, que integran María Bastida, Miguel Á. Vázquez Taín e Marisa del Río, os mesmo que recentemente presentaron un informe semellante es específico sobre a industria musical galega. O informe reflicte que o Hub, dotado con 9,6 millóns de euros, propiciou a mobilización de 28,5 millóns en dous ámbitos de actuación principais polo seu maior potencial tractor: o audiovisual e a música. Engadiuse tamén un eido transversal, destinado á adquisición de activos e materiais tecnolóxicos por parte de empresas e entidades culturais.
O Hub Audiovisual - Industria Cultural Galega contou co financiamento do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional dentro do eixo REACT-UE do programa operativo FEDER 2014-2020 como parte da resposta europea á pandemia da covid-19. Segundo o informe presentado onte, supuxo un incremento da produción cultural galega en máis de 32 millóns de euros, contribuíu á materialización de 109 proxectos de distintas naturezas e disciplinas artísticas e acadou a creación de 777 postos de traballo anuais equivalentes a tempo completo. No que respecta ao impacto económico global, o informe revela que a taxa de retorno sobre as axudas foi do 119,11 por cento, do que o 21,82 lle corresponde á Administración galega, o que supón a recuperación duns catro euros por cada euro investido. Os responsables do traballo destacaron o carácter transversal, participativo e adaptable do Hub da Xunta. Ao tempo, valoraron de xeito moi positivo a iniciativa por parte da propia Administración de encargar este tipo de investigacións para avaliar as súas propias políticas públicas como ferramenta útil para futuras dinámicas e liñas de apoio.