A Asociación Cultural por un Museo do Mar para Marín ven de presentar o I Certame de Curtas de Cine do Mar, unha cita audiovisual enfocada no mar que se celebrará na localidade pontevedresa entre o 20 e o 26 de maio de 2024. Este novo encontro audiovisual competitivo está dirixido aos máis novos, que se inician na creación audiovisual, estable cendo dúas categorías: Novos/as Creadores/as e Ensino. O lema do presente concurso será "NOSTRA IN MARE FORTUNA". As obras presentadas deberán inspirarse libremente neste lema, centrándose na temática do mar, ben desde a perspectiva natural, ben desde a cultural.
Na Categoría de Novos/as Creadores/as a participación está aberta a calquera persoa ou conxunto de persoas con idades comprendidas entre os 12 e os 30 anos de idade. Na Categoría de Ensinanza poderá participar o alumnado dos niveis de Primaria, Secundaria, Bacharelato e Ciclos Formativos.Poderán presentarse obras de calquera xénero, ficción ou non ficción, que non poderán exceder os 15 minutos de duración. O período de presentación das curtametraxes estenderase desde o 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2024 e as bases poden consultarse no perfil de Facebook da asociación. Coa posta en marcha deste certame a asociación busca promover a valoración do mar como ecosistema e a concienciación da importancia da súa protección e conservación, así como a dignificación dos oficios relacionados co mar e o recoñecemento das persoas que dedicaron e dedican a súa vida aos traballos tanto no mar como en terra vinculados directa ou indirectamente ao mundo da pesca e o marisqueo.