Dous bosquexos de Peter Paul Rubens que fan parte da colección do Museo de Belas Artes da Coruña, Dédalo e O Minotauro e Psique, foron a base para o proxecto expositivo de carácter virtual e inmersivo que abrÃa este 1 de febreiro e que ata o vindeiro mes de decembro ofrece "un percorrido dixital por unha das mellores coleccións de pinturas do século XVII", segundo explica a institución.
Torre de la parada. Un espazo pictórico para Rubens é o tÃtulo da proposta que o Museo artellou co VideaLab (Laboratorio de Visualización Avanzada en EnxeñerÃa, Arquitectura e Urbanismo) da Universidade da Coruña. Na mesma, reconstrúese de xeito virtual a torre que serviu de pavillón de caza para o rei Felipe IV en Madrid, e que acolleu orixinalmente as obras de Rubens.
Segundo explica o Museo, o proxecto propón "unha hipotética reconstrución arqueolóxica da arquitectura e as diferentes estancias do Real Sitio, asà como a realización dunha proposta de distribución das obras pictóricas e bosquexos que hoxe coñecemos, tal e como se verÃan colocados na súa época".
Deste xeito, a persoa que visite a mostra poderá realizar un percorrido inmersivo polos espazos deste pavillón, "e interaccionar cos lenzos de forma natural, sen máis dispositivos que o seu propio corpo, cuxos movementos son monitorizados por unha cámara de profundidade, o que lle permitirá gozar dunha experiencia o máis parecida á vivida polo propio Felipe IV mentres habitaba o seu singular pavillón e contemplaba a impresionante colección de arte que o decoraba".
Ademais das pezas de Rubens, a mostra permite contemplar reproducións de cadros de Velázquez e "diversas escenas de cacerÃa e paisaxes, realizadas por pintores do seu taller e outros artistas do cÃrculo de Anveres" que se conservan en en museos como o do Prado, o Museo de Historia de Madrid, a National Gallery de Londres, o Art Institute de Chicago, o Staaliche Museum Zu de BerlÃn ou na colección Sir Edmund Bacon Art, entre outros.
A presentación da mostra salienta que "grazas ao uso de técnicas de reposición fotogramétrica, modelado CAD 3D e programación dun motor de videoxogos, o visitante poderá realizar un percorrido inmersivo polos seus espazos, e interaccionar cos lenzos de forma natural, sen máis dispositivos que o seu propio corpo, cuxos movementos son monitorizados por unha cámara de profundidade".