Edicións Xerais ven de ampliar o seu catálogo de obras dedicado á homenaxeada no Días das Letras Galegas deste 2024. A editorial viguesa, que xa presentara previamente os títulos para público infantil "Luísa Vilalta. Melodía de palabras" e "Luísa Villalta. Alma de violino", engade dúas nova referencias de achegamento á vida e obra da escritora, para público adulto publicando "Somos un pobo de artistas. O método Luísa Villalta", de Xurxo Souto e "Abonda con vivir", que asina a xornalista Montse Dopico. O corpus editorial sobre a autora homenaxeada ven de ser incrementado tamén pola publicación de "As escumas da letra" unha biobliografía de Villalta, asinada por Esperanza L. Mariño e publicada por Baia Edicións, que se presenta este mércores 31 de xaneiro no Museo do Pobo Galego en Santiago. Por outro lado a Real Academia Galega tamén presenta novidades que irá incorporando á sección web das Letras Galegas 2024 que abriu o pasado 5 de xaneiro cunha completa biografía asinada pola poeta, xornalista e académica Ana Romaní, compañeira de xeración de Luísa Villalta.
O libro de Montse Dopico presenta unha biografía feita con retallos da memoria que gardaron de Luísa Villalta persoas que formaron parte da súa rede afectiva, Un diálogo, con forma de reportaxe, coas súas amizades para tentar explicar quen era Luísa e por que escribiu o que escribiu. Segundo o texto de presentación, a obra ofrece "unha análise literaria, sociolóxica e histórica que percorre todas as mulleres que foi Villalta". Pola súa banda o libro de Xurxo Souto explica o vínculo entre a poesía e a música a partir da formulación da propia homenaxeada cando en 1999 Luísa Villalta publicou 'O outro lado da música, a poesía', libro-referente, onde puxo en valor a mutua atracción que senten entre si a música e a literatura. Seguindo o seu método, Xurxo Souto "penetra na selva vizosa da música galega contemporánea para procurar esa unidade primixenia", segundo explica a presentación.
Web infantil e serie documental
A Real Academia Galega ven tamén de presentar as accións que ira desenvolvendo arredor de Villalta. A RAG abriu o pasado 5 de xaneiro a sección web das Letras Galegas 2024 , espazo que servirá de escaparate para os distintos contidos que a institución creará sobre ela e farase tamén eco doutras iniciativas para proxectar o seu legado. Unha das primeiras estreas previstas será a da nova edición da web para o público infantil Primavera das Letras, que acubillará unha historia sobre Luísa Villalta, "Violino, Inglesas e o libro xigante", que ten como narradores o violín da homenaxeada e a guitarra de Rosalía de Castro. Os autores son o académico correspondente Xoán Babarro e Ana María Fernández. O proxecto para os máis pequenos da casa inclúe tamén actividades interactivas e outras propostas lúdicas. Será presentado a finais de febreiro en Sada da man da comunidade educativa do CEIP Sada y sus Contornos e unha representación do IES Isaac Díaz Pardo, onde Luísa Villalta exerceu como docente de Lingua e literatura galegas dende o ano 1991 ata a súa morte. Pouco despois estrearase a serie web que está a realizar Miramemira, na que se vai tecendo un relato sobre a vida e a obra de Luísa Villalta a través dos testemuños de familia, amizades, creadores e creadoras e voces estudosas do seu legado como Pilar Pallarés, Miguel Anxo Fernán Vello, Pilar García Negro, Alexandrina Fernández Otero, Armando Requeixo, Xosé Luís Martínez Pereiro ou Inma Otero Varela. O documental poderá verse nesta páxina web, en Youtube e na TVG.