A industria musical galega ven de ser sometida a una análise das súas características cualitativas como sector profesional e o seu impacto en termos económicos do ano 2022. Segundo este pormenorizado informe presentado hoxe o sector ten características similares ás definidoras do resto do tecido empresarial de Galicia, con pequenas empresas, uso intensivo do traballo autónomo e elevada fragmentación. Ademais, malia a alta temporalidade e estacionalidade no emprego, o informe sinala a existencia dun tecido de profesionais altamente cualificados, que exhiben unha grande implicación e un profundo compromiso coa súa arte, coa súa creatividade e capacidade de xeración de contido innovador como principais activos.
Este informe de autodiagnose do sector impulsado pola Asociación Galega de Empresas Musicais (AGEM) co apoio da Xunta foi realizado por un equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela (USC) conformado polos docentes María Bastida e Miguel Ángel Vázquez-Taín. O informe, titulado "Impacto da industria musical de Galicia: tendencias, retos e oportunidades", recolle valores do ano 2022 mediante un proceso de investigación social e económica con rigor académico, mediante a sistematización de información baseada en cuestionarios cuantitativos respondidos por axentes do sector e grupos de enfoque para plasmar puntos de vista de índole máis cualitativa.
Conclusións económicas
O estudio cifra en 6000 os eventos musicais celebrados en Galicia en 2022, o que supuxo unha recadación aproximada de 6 millóns de euros. O informe mostra que a industria musical xerou de xeito directo e indirecto, unha actividade económica de 181,6 millóns de euros o que supón un efecto multiplicador de 3,38 puntos sobre os 53, 6 millóns de euros recibidos como subvencións das distintas administracións públicas, segundo datos recollidos nesta investigación, aos que hai que engadir 19.600.000 euros por patrocinios.
A ese impacto xerado directo e indirecto debe engadirse o inducido sobre outros sectores que se activan arredor, especialmente a hostalería e o turismo. Segundo iso o estudo afirma que esta actividade levou en 2022 a un incremento total da produción en Galicia duns 227,7 millóns que implican, segundo o informe, unha xeración de emprego duns 3250 postos de traballo, o que representa case que o 0,3% do total do emprego en Galicia. Esta mobilización de actividade xera un retorno significativo en ingresos públicos, estimados polos investigadores nuns 33 millóns de euros, dos que uns 6,67 lle corresponderían a Galicia no marco do sistema de financiamento autonómico. Deste xeito, un 62% por cento das axudas concedidas retornan ao sector público.
O informe, pioneiro a nivel estatal no estudo pormenorizado do sector musical, foi presentado hoxe na Cidade da Cultura contando coa participación de Patricia Hermida, presidenta de AGEM, Román Rodríguez, conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, e os autores do traballo, María Bastida e Miguel Ángel Vázquez-Taín. Estes debullaron a metodoloxía e as claves deste traballo, posto en marcha desde o colectivo asociativo co apoio da Xunta para acadar unha ferramenta central que fundamente a toma de decisións no avance do desenvolvemento do sector.