Logo de fechar as súas portas o pasado mes de outubro, a exposición 40º aniversario da revista Can sen Dono chega á rede. O web do Museo do Humor XaquÃn MarÃn de Fene achega unha versión dixital desta mostra, que conmemora as catro décadas da que foi a publicación senlleira do humor galego ao longo dos anos 80.
Na exposición agora dispoñible pódese ver unha compilación de debuxos, acetatos e recortes empregados na composición das páxinas da revista. Tamén se amosan reproducións das vinte e tres portadas e dos catro especiais publicados de Can sen Dono, xunto con correspondencia orixinal e referencias bibliográficas, canda a unha selección de páxinas da cabeceira.
Comisariada polo humorista gráfico e colaborador da publicación Paco Oti, a exposición foi promovida polo Museo XaquÃn MarÃn e a ConcellerÃa de Cultura de Fene, coa colaboración da Biblioteca de Galicia (Xunta de Galicia).