A obra de Peter Eisenman, a Cidade da Cultura, centra a primeira xornada dos Encontros Internacionais de Arquitectura

Sobre a cidade da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Non se fala doutra cousa. A Cidade da Cultura segue a ser tema de debate. Onte na Xornada Inaugural dos III Encontros Internacionais de Arquitectura o seu creador, o arquitecto americano Peter Eisenman, tiña que falar sobre o proxecto. Pero non puido por motivos laborais e a súa compañeira de traballo, Sandra Heminway, foi a encargada de falar dun proxecto que, malia que se vai acelerar, aínda lle quedan tres anos de obras. Eisenman estivo, a través de videconferencia, nas xornadas da tarde, apelando á reflexión para repensar os edificios e construír dun xeito crítico. E no mesmo momento no que Eisenman falaba de arquitectura, no Parlamento, os grupos da oposición volvían preguntar sobre os contidos da Cidade da Cultura a un partido do goberno que remitiu á páxina web.

Máis información sobre a cidade da cultura no seu webe tamén no web sobre os Encontros de Arquitectura, en La Voz de Galicia e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Arquitectura, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, Cidade da Cultura de Galicia