Einsenman afirma que os incrementos orzamentarios na CdC foron decisión do anterior Goberno

O arquitecto na Comisión

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O arquitecto Peter Eisenman defendeu onte na comisión parlamentaria que investiga a Cidade da Cultura a vixencia do proxecto como factor de desenvolvemento de Galicia. Sobre o controvertido incremento de custes do proxecto despois do orzamento inicial, Eisenman responsabilizou o anterior executivo das decisións de ampliación, aínda que sinalou que “o que sucedeu foi un proceso natural en calquera creación”. O arquitecto insistiu que os arquitectos “nunca fixemos o que quixemos", porque cada vez que se facía unha modificación “informabamos o cliente e este sabía que ao aumentar o tamaño aumentaba o custe”. Hoxe foi a quenda da Conselleria de Cultura, Ánxela Bugallo, quen pormenorizou o plan de contidos e organización da Cidade da Cultura.

Máis información en La Voz de Galicia, en El País e El Correo Gallego; sobre a comparecencia de Ánxela Bugallo no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ánxela Bugallo, El País, La Voz de Galicia, El Correo Gallego...