A editorial Galaxia recupera a colección Ronsel

A cabeceira estará dedicada a novas temáticas e novas voces

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
A editorial Galaxia recupera a colección Ronsel

A colección Ronsel, que nos anos 80 albergou as primeiras obras de nomes emblemáticos das nosas letras, volta á Editorial Galaxia. A empresa viguesa resucita esta cabeceira "para dar cabida a novas voces e novas temáticas das nosas letras" e anuncia ata unha ducia de títulos ao longo deste ano no seu seo.

Segundo lembra a firma, obras de autores como Miguel Anxo Murado, Xesús Manuel Valcárcel ou Darío Xohán Cabana fixeron parte da primeira vida de Ronsel.

Agora, o moañés Juan Parcero inaugura a nova etapa coa novela Na canella infinita, "unha novela na que dúas xeracións atópanse nunha vila, Aferróns, consumida pola droga e poboada de pantasmas e sombras" durante os anos 80.

Que che parece esta nova?
104 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Editorial Galaxia, Xesús Manuel Valcárcel, Juan Parcero, Darío Xohán Cabana...