En 1884, Alfredo Brañas publicou un controvertido texto sobre unha práctica funeraria da sociedade tradicional, a danza do abellón: un ritual de acompañamento da alma do defunto durante o velatorio no que os participantes imitaban o zunido das abellas, e vinculado á crenza occidental destes insectos como ponte entre o mundo dos vivos e o dos mortos. O ritual deixou moi pouca traza na Galicia do século XX, pero no vÃdeo Abellón, unha peza audiovisual producida por Xoán-Xil, é posible non só coñecer o ritual, senón escoitar voces que o chegaron a experimental, o cal resulta . O vÃdeo presentouse dentro do programa de actividades "Cuando el destino nos alcance. Acciones desesperadas ante la sexta extinción", que se celebrou no Museo Nacional-Centro de Arte Reina SofÃa, no marco dun concerto de Xoán-Xil, Ariekl Ninas e Paula Ballesteros. O vÃdeo, que agora pode ser visto no web do Centro Reina SofÃa (ligazón ao final da nova), está realizado a partir do libro Abellón. O libro negro das zoadeiras (A Central Folque, 2020), editado por Xoán-Xil e Mauro SanÃn.