
Falecido en 1925, a obra poética de Labarta destaca, segundo os editores da antoloxÃa polo seu humorismo, que emprega para "criticar e denunciar condutas ou actos inapropiados, inxustizas, desprezos... FacÃa súa a máxima de ensinar divertindo", explica o limiar do volume.
Nas pezas da nova antoloxÃa, "botando man dunha pluralidade de voces poéticas, Enrique Labarta legounos un conxunto de textos que son espello dunha temática variada que parte da liña intimista e navega polas procelosas augas do humor satÃrico e a denuncia de corte social", sinala a editora.
Recentemente o Concello de Zas desenvolveu outras iniciativas de divulgación arredor do autor como a creación dun web especÃfico ou, en colaboración co Consello da Cultura Galega, a posta en marcha dun roteiro arredor da súa figura.