O xornalista Antonio Piñeiro Feijóo foi recoñecido co Premio de Xornalismo Literario Carlos Casares, na segunda edición deste galardón outorgado polo Concello de Xinzo de Limia e a Fundación Carlos Casares. Antonio Piñeiro (Celanova, 1959) é funcionario e xornalista local, correspondente en Celanova do xornal La Región. Á entrega do galardón no Casino Antelano de Xinzo de Limia, acudiron representantes, ademais do Concello e da Fundación, do Parlamento de Galicia, da Consellería de Cultura, Educación, FP y Universidades e da Deputación provincial de Ourense. Piñeiro Feijoo é o segundo en recibir este galardón que leva o nome do escritor limiao, en 2017, o premio levaba desde entón sen convocarse e con esta nova entrega recuperouse.