Tono Mejuto explora os anos 80 mediante fotografía aérea en Memorias do ceo

A Fundación Seoane acolle ata o vindeiro 21 de xaneiro esta exposición do Festival FFoco

Imaxe de presentación de <i>Memorias do ceo</i>
Imaxe de presentación de Memorias do ceo
Este xoves 21 de decembro abre as súas portas na Fundación Seoane, na Coruña, a exposición Memorias do ceo. Este proxecto de Tono Mejuto explora o arquivo de fotografías aéreas de Galicia que a empresa CRAZZYFLY S.A realizou ao longo dos anos 80. A iniciativa, integrada na programación do Festival FFoco, inclúe tamén un web no que se poden consultar as imaxes expostas canda a moitas otras deste legado ata o vindeiro 21 de xaneiro.

En total, máis de 400 imaxes compoñen este proxecto no que se retratan fundamentalmente vivendas unifamiliares, aínda que o arquivo presentado recolle taméns instalacións industriais ou áreas de cultivo. O web da exposición permite acceder ás imaxes xeolocalizadas, na súa maior parte realizadas na Ría de Muros e Noia e na área das Mariñas, e comprobar a evolución destes espazos nos últimos 40 anos.

Estas fotografías realizáronse orixinalmente coa intención de vender os retratos das diferentes vivendas aos seus propietarios. Os técnicos da empresa traballaban con técnicas analóxicas nun "momento no que a excepcionalidade dos voos sobre o territorio rural galego aínda convertía o feito de ser retratados dende o aire un acontecemento", segundo explica a presentación da iniciativa.

As fotografías, tomadas na súa maior parte a mediodía para evitar sombras, recollen a miúdo aos propios habitantes das casas e permite "recompoñer, a través dunha perspectiva inusitada e distante, un retrato da paisaxe e paisanaxe do país e as súas transformacións acaecidas nos últimos 40 anos", segundo explica a presentación do proxecto.


Memorias do ceo
Memorias do ceo

Memorias do ceo
Memorias do ceo

Memorias do ceo
Memorias do ceo

Memorias do ceo
Memorias do ceo

Memorias do ceo
Memorias do ceo