Quen teña visitado Folgoso do Courel observarÃa unha empinada crista situada por detrás das ruÃnas do castelo medieval do Carbedo. Tras tres campañas de intervención, a Xunta publicou un vÃdeo divulgativo que ofrece algúns datos sobre as tres campañas de intervención arqueolóxica levadas a cabo nesta empinada e limitada crista. De acordo cos arqueólogos do CSIC e da empresa Terra Arqueos que traballaron no xacemento, este acolleu un espazo fortificado de "xestión e control do territorio", fundado no século I a.C. O asentamento "non estivo ocupado de xeito permanente e non hai evidencias de actividades produtivas nin tampouco dunha poboación campesiña". Para os investigadores, este espazo de difÃcil orografÃa desempeñou "unha función relacionada co control e a xestión do territorio do Courel".
En declaracións a La Voz de Galicia, o director da intervención, Brais X. Currás, modificou a interpretación previa realizada polo equipo en campañas anteriores, nas que se sinalaba que podÃa ser un asentamento militar romano vinculado ao control mineiro da zona. "O certo é que non encontramos ningún material de tipo militar, pero de todas formas puido tratarse dun lugar que exerceu algunha clase de control polÃtico e administrativo sobre o territorio", sinala Currás á delegación lemava do xornal. "É tamén posible que os seus ocupantes nin sequera fosen cidadáns romanos, senón indÃxenas encargados pola administración romana de cumprir esta función", afirmou o arqueólogo a La Voz de Galicia. No castro foi localizado a finais dos anos 50 un obxecto de gran relevancia histórica para comprender o proceso de romanización en Gallaecia: a táboa de hospitalidade do Courel. RecollÃa un pacto de hospitalidade entre indÃxenas, no que un individuo do pobo dos susarros, Tilego, fillo de Ambato, do castro de Aiobaigiaecum, acordaba cos Lougei do castellum Toletensis terlles, xunto coa súa familia, establecer lazos de hospitalidade, mentres que os Lougei lle solicitan protección perpetua.
VÃdeo divulgativo sobre as campañas