Quiosco: Mazarelos, 12

A nova entrega da revista atende cuestións de historia e patrimonio inmaterial

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Quiosco: Mazarelos, 12

A décima segunda entrega de Mazarelos, a revista de historia e cultura, está xa á venda. O novo número aborda diferentes cuestións do patrimonio inmaterial, como o artigo de Rafael Quintía sobre os mitos dos secuestradores de nenos na nosa cultura, ou o de Francisco Bermúdez a abordar a transmisión da música tradicional galega.

Pola súa banda, os investigadores Zósimo López, comisario da exposición Botamos un baile? sobre a evolución das orquestras de verbena, e Íñigo Sánchez-Fuarros, coordinador do proxecto Palcos no Centro Superior de Investigacións Científicas, manteñen nas páxinas desta entrega unha conversa sobre a verbena e as festas desde o punto de vista material e inmaterial.

No ámbito histórico, Laura Rodríguez achega un artigo sobre a aristócrata Ilduara Eriz e os espazos que ocuparon as mulleres na Idade Media. Luis Bermúdez, á súa vez asina un artigo sobre o escultor barroco Francisco Rodríguez. Un repaso da traxectoria da Asociación Cultural O Carballo de Taboada, creada en 1985, a cargo de Alexandre Varela fecha esta entrega.

Con capa a cargo de Blanca Vila, o volume conta con 74 páxinas e sae á venda por un prezo de 9 euros.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Quiosco: Mazarelos 3

Quiosco: Mazarelos 3

A Revista de historia e cultura aborda desde os videoxogos á vida de Sofía Casanova na súa última entrega

Quiosco: Murguía 23

Quiosco: Murguía 23

O novo número da Revista Galega de Historia atende a cuestións como Prisciliano ou a represión franquista

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rafael Quintía, Francisco Rodríguez, Barroco, Idade Media...