Hoxe arranca en Compostela a XIV Edición de Cineuropa con Marisa Paredes como protagonista

Trinta días de festival

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

As estreas dos festivais internacionais e as peliculas vetadas nas distibucións comerciais chegan a Santiago en novembro con Cineuropa. E este ano faino acadando o rango de Festival. 75 películas, 30 estreas, un maratón, proxeccións en centros culturais de Santiago e unha macroproxección no pabillón de Santa Isabel compoñen o cartel para estes trinta días de cine.

Festival e premios

Houbo que esperar 14 edicións para que Cineuropa tivera rango de Festival. E como tal haberá gala de presentación, estatuiñas e premios. Sen embargo, fiel á súa esencia, Cineuropa non ten carácter competitivo e será o público co seu voto, o que decide quen leva os catro millóns e a estatuiña do escultor santiagués Francés. Os outros galardóns son para Marisa Paredes, pola súa traxectoria profesional, José Luis Borau por toda unha vida adicada ó cinema, e a distribuidora galega de Emilio Barros polo seu apoio ó programa compostelano dende os seus inicios. Sen embargo, o festival non terá nin estrelas, nin glamour para, segundo José Luís Losa, non lucir a cara máis escura do audiovisual.


Seccións e prezos

A sección oficial, panorama internacional, México insurxente, Cine como documento histórico, Cinefilias e a maratón compoñen o programa polo que discurrirán as 75 proxeccións que se exhiben este ano. Uns filmes que segundo o organizador Luís Losa, "esperan manter o listón acadado en anos anteriores. De feito a organización espera manter o ritmo do ano anterior no que máis de trinta mil espectadores pasaron polas salas do Teatro Principal. Malia o rango de festival, a organización pretende un espectáculo aberto a todo o mundo, polo que mantén a súa política de prezos habitual. 400 por sesión e tres mil polo bono de dez pases.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

A cita ineludible

A cita ineludible

Cineuropa arrinca reivindicando o seu potencial como gran festival de Galicia

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cine, Cineuropa, José Luís Losa, Teatro...

Claves

Protagonistas
Entidades