A Xunta inviste 293.000 euros na nova fase do Plan da Cultura Marítima

A Universidade da Coruña abordará novas tarefas de estudo e inventario patrimonial

| Santiago. Redacción | Seccións: Medio Ambiente
Compartir:

O Consello da Xunta deste 30 de novembro aprobou a sinatura dun novo convenio de colaboración coa Universidade da Coruña para continuar co desenvolvemento do Plan da Cultura Marítima. Un investimento de 293.000 euros en tres anualidades pretende dar "continuidade á planificación da xestión integral e á posta en valor das tradicións" neste programa que o Goberno Galego presentou o pasado mes de setembro.

O documento recolle 100 medidas para aplicar antes do ano 2030 "que contribuirían a avanzar no seu coñecemento, preservalo e poñelo en valor". Segundo anunciou a Xunta, a nova fase deste programa pretende desenvolver accións de "información, de seguimento e de posta en marcha das accións prioritarias" previstas no mesmo. "Ademais do debate interno no seo académico, o obxectivo agora pasa por presentarllo ao conxunto da sociedade e tamén noutros foros".

Dentro das accións que se adiantan para esta fase preténdese "recorrer o conxunto global do territorio litoral para difundir o plan e poñer en marcha distintas actividades por realizar, unindo as tradicións, o valor do patrimonio marítimo e os pasos para seguir no futuro co fin de garantir así a súa coherencia e continuidade".

Dentro desta liña activaranse "tarefas concretas de continuidade que van desde estudar in situ os elementos para a realización do inventario do patrimonio marítimo ata completar os apartados dos traballos sobre a cultura do mar, investigar sobre as distintas categorías patrimoniais dos inmobles, continuar cos procesos participativos" e, a partir dos datos recollidos "definir un maior número de areas nai", aquelas zonas do singulares do litoral establecidas no Plan polos seus valores patrimoniais.

Que che parece esta nova?
108 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, Goberno Galego, Cultura Marítima e Fluvial