
Segundo explica a presentación da obra, a mesma narra a historia de "dúas mulleres incapacitadas... Pero non incapaces. Dúas mulleres que creron inxenuamente no destino que se esperaba de/para elas. Dúas mulleres absolutamente frustradas e culpabilizadas por non acadar un status social, económico e 'romántico' que anhelaban e creron merecer, alomenos nalgún momento da súa vida".
A frustración e a desesperación levan as protagonistas á "construción dun universo ou realidade con normas propias que se converte nun inferno" e que ten como escenario un Ferrol "vivido e vivencial, un Ferrol como espazo impreciso, máis interior que externo, que todo o colorea da súa especial personalidade de cidade irrepetible nun paÃs irrepetible no espazo e no tempo, tan irrepetible como inexistente".
A obra revisita un dos textos históricos da compañÃa, que o propio Eduardo Alonso dirixira hai dúas décadas. Despois da estrea, a obra poderá verse tamén o dÃa 2 de decembro no propio Teatro Jofre e no Carballiño o 15 dese mesmo mes.